Saltar ao contido principal

Publicacións

Concerto didáctico. A landra viaxeira e o amigo lambón.

 Polo día do medio ambiente quixemos utilizar o conto A landra viaxeira e o amigo Lambón no fermoso paraxe do parque Periurbano de San Roque. Para iso, desplazouse o colexio ao completo e disfrutar das cancións do conto xunto con Suso e Sabela. Unha mañá inesquecible.
Publicacións recentes

Aquí temos os gañadores dos Retos de Leotodiño deste curso

Aquí temos aos compañeiros de terceiro de primaria Andrés e Pedro e de quinto de Primaria a Rayan, que gañaron o concurso dos retos de Leotodiño. Noraboa aos gañadores:

Recomendacións lectoras de verán

 Chega o verán, e con el as ganas de descansar dun intenso curso escolar pero é moi importante non perder nin o hábito nin o pracer da lectura. Por iso Leotodiño vos deixa estas recomendacións lectoras de verán. Agardamos que as disfrutedes.

Mercado Escolar Solidario 2025

 Como xa é tradición no noso centro, este 23 de abril, día do libro, realizaremos o Mercado Escolar solidario no que trocaremos libros do expurgo da nosa biblioteca por alimentos non perecedoiros para Cáritas e Ice Renovación. Participaremos o Ceip plurilingüe de Artes, Ceip Heroinas de Sálvora e o Ceip Plurilingüe o Grupo. 

Actuación: Suso Bello e Sabela Olivares

 Hoxe tivemos a sorte de que viñeran ao noso centro Suso e Sabela, a presentarnos o seu conto "A landra viaxeira e o amigo lambón". Con eles inventamos cantigas e as interpretamos en linguaxe de signos.  Moitas grazas pola vosa visita!

Semana da Prensa 2025

 Como este ano o dedicamos a traballar as figuras de mulleres destacadas no ámbito artístico, científico, tecnolóxico... Quixemos comprobar o peso da muller nas publicacións diarias. Aquí tendes algúns exemplos que nos trouxeron os nen@s:

Apadriñamento lector e día da poesía

 Uns escriben, outros ilustran as poesías. Todo un traballo en equipo.