Hoxe tivemos a sorte de que viñeran ao noso centro Suso e Sabela, a presentarnos o seu conto "A landra viaxeira e o amigo lambón". Con eles inventamos cantigas e as interpretamos en linguaxe de signos. Moitas grazas pola vosa visita!
Como este ano o dedicamos a traballar as figuras de mulleres destacadas no ámbito artístico, científico, tecnolóxico... Quixemos comprobar o peso da muller nas publicacións diarias. Aquí tendes algúns exemplos que nos trouxeron os nen@s:
Busca un poema dunha autora en galego ou elabora ti mesmo a túa poesía. Tamén te podes achegar na hora da merenda a recitar por megafonía nas "Merendas con Poesía".