Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2021

Samaín, 21 - Radio na bilio, 22

Queredes pasar un pouquiño de medo? Pois non escoitedes este podcast de 6º A da mestra Ana Prado. É só para os que queirades pasar medo de verdade! SE TE ATREVES, PICA NA CAVEIRA MOLONA.  

Recomendacións das boas

Menos mal, ho! Arrecó po COVIS este...deixádeo ir.... Xa abriron a biblioteca outra vez. Estouvos ben contento. Meses e meses de aburrimento, sen unha soa visita, bueno, as visitas das mestras, claro. Pero o que se di... alegres alegres non son, non; cando menos non tan alegres coma vós, nenas e nenos.  Animádevos e visitádeme. Estarei encantado de recibirvos cun gorentoso anaco de queixo de Arzúa . Pra ir quecendo, recoméndovos un libro de Xabier P. Docampo titulado A illa de todas as illas, da Edit. Xerais. É unha recomendación das boas para o alumnado de sexto curso. Cóntovos. A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra dicindo que escoitaran voces