Este mes de decembro, dende a biblioteca do centro puxemos en marcha unha proposta moi especial para celebrar a chegada do Nadal: o noso Calendario de Advento Lector . Ao longo de todo o mes, cada día abriremos un paquete sorpresa no que se agocha un libro diferente. Trátase dunha selección de lecturas pensadas para espertar a curiosidade, alimentar a imaxinación e animar ao noso alumnado a descubrir novas historias. Con esta actividade buscamos fomentar o gusto pola lectura e crear momentos de ilusión arredor dos libros, convertendo cada xornada nun pequeno agasallo literario. Agardamos que todos e todas desfrutedes destas lecturas e que atopedes historias marabillosas para acompañar o Nadal.