Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

Vente, rapaza!

Cativas e cativos da aula de INF-B da profe Paula recitan "Vente, rapaza", un fragmento dun poema de Rosalía de Castro. Se picas na imaxe, escoitarás o RadioPoema.

Día de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro foi e segue a ser un referente, unha das mulleres máis representativas do noso país. Adiantada ao seu tempo, foi quen de publicar o primeiro libro escrito integramente en galego, Cantares Gallegos (1863). Arriscada, atrevida…MULLER. Rosalía forma parte inseparábel da historia da nosa lingua, da nosa cultura e do noso ser. Click na imaxe e escoita o podcast gravado por alumnado das mestras Loli I., Gena P. e Ramona B., de EP5B e de EP3AB co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro.

Lecturas recomendadas_feb 22

 Velaquí boas lecturas para a rapazada de Primaria. Click na imaxe e accede á revista. Cada libro ten a súa sinopse e se premes onde pon " podcast " escoitarás tamén a gravación realizada por nenos e nenas de cuarto. Radio na biblio e RAdioTOdiño; en galego, SEMPRE!

ENTREVISTA A EDITA "A RIASA", GRAN COÑECEDORA DAS TRADICIÓNS DO NOSO ENTROIDO

 AMIGOS E AMIGAS DE LEOTODIÑO, ESTA FERMOSA ENTREVISTA FEITA POLOS NOSOS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA É UN DOCUMENTO DE GRANDE IMPORTANCIA PARA COÑECER AS TRADICIÓNS DO ENTROIDO EN RIBEIRA.  EDITA, "A RIASA", GRAN COÑECEDORA E PARTICIPANTE DAS TRADICIÓNS DO NOSO POBO,VOLVE A COMPARTIR A SÚA SABEDORÍA POPULAR CO CEIP O GRUPO. ESTADE ATENTOS E DESFRUTADE DESTE ENTRETIDO VIDEO! APERTAS DE RATIÑO! PREME NO SEGUINTE ENLACE PARA ACCEDER Á ENTREVISTA: https://drive.google.com/file/d/1zDu82m-yGG-nSWVo6mD1W0dBAwNtdfMZ/view?usp=sharing

Día da Candeloria

Sabedes que? Casan os paxaros. Así como volo digo. Escoitade o poema "Andan os paxaros" piado polos paxariños de INF-F da profe Manola. Picade na imaxe e visitade Radio na biblio 22´. Quedoulles ben fermoso.

Concurso de elección do nome do proxecto do curso 2020/21

 Boas amigos e amigas, queremos que nos axudedes a escoller un nome para o proxecto deste curso. Aquí vos deixamos as bases para participar. https://drive.google.com/file/d/1W5_Ig-PkTK_IHNoaM3A8rGZT_AqQIzhT/view?usp=sharing Escoita o programa de radio e anímate a participar