Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2026

PICNIC LITERARIO NA BIBLIOTECA

  Dende o martes 20 ata o luns 26 de xaneiro, o alumnado de Educación Infantil está a levar a cabo unha actividade moi especial na biblioteca do centro: un picnic literario. Durante estes días, os nenos e nenas están a achegarse á poesía a través do libro Macedonia de versos , gozando da lectura nun ambiente relaxado e diferente. A actividade complétase cun picnic de comida saudable, combinando así o pracer de ler co fomento de hábitos de alimentación equilibrados. Con esta proposta, a biblioteca convértese nun espazo de encontro, lectura e convivencia, no que o alumnado está a desfrutar dos libros dun xeito lúdico e motivador.

Chegou a Maleta Viaxeira!

  Xa chegou ao noso centro a Maleta Viaxeira , unha iniciativa do Programa de Bibliotecas Escolares de Galicia que nos achega unha coidada selección de libros para gozar da lectura. Nestes días, toda a colección está exposta na entrada do colexio , para que o alumnado e as familias poidan vela, coñecer os títulos e deixarse levar pola curiosidade lectora. Con esta proposta seguimos fomentando o gusto pola lectura e o contacto cos libros, convertendo a biblioteca e o centro en espazos vivos de aprendizaxe e descubrimento.  Animámosvos a achegarvos a coñecela!