Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

Actividade semana do libro: "A carreira dos libros" e "Bicos por contos"

 Chegou a tan esperada Semana do Libro ao Ceip o Grupo. Este ano con dúas propostas que serán de seguro do agrado de grandes e pequenos. Por un lado, "A Carreira dos libros", que consiste en facer un intercambio de libros que nos gustaran moito para que teñan a oportunidade de chegar a novas mans, e por outro "Bicos por contos", no que se convidará a algún familiar que queira participar contando un conto á clase e ao que agasallaremos con moito amor. Esperamos que vos guste!! Apertas de ratiño!!