O alumnado de Educación Infantil recibiu a visita do músico e contacontos Paco Nogueiras, nunha sesión chea de música, contos e diversión. Durante a actividade, as nenas e nenos escoitaron historias , participaron nas cancións e riron e bailaron ao ritmo das propostas do artista. Foi un momento moi especial no que a música e a narración se mesturaron para crear unha experiencia chea de imaxinación e alegría.