Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

23 de febreiro – Día de Rosalía de Castro

  No noso centro celebramos o Día de Rosalía de Castro cunha actividade moi especial arredor do seu coñecido poema “Miña casiña, meu lar” e do tradicional Caldo de Gloria . Na entrada do colexio preparamos unha pequena exposición cos ingredientes necesarios para facer o caldo , recreando así a receita que aparece na obra de Rosalía: patacas, fabas, grelos… Unha maneira moi visual e significativa de achegar ao alumnado á súa literatura e ao contexto da época. A través desta proposta traballamos a nosa lingua, a nosa cultura e as nosas tradicións, convertendo a aprendizaxe nunha experiencia vivencial e próxima.

Volve a Maleta Viaxeira

  A nosa biblioteca trae moi boas novas: volve a Maleta Viaxeira , cargada de novas historias, aventuras e lecturas para descubrir . Nesta ocasión, os libros están expostos na entrada do colexio , para que todo o alumnado e as familias poidan achegarse, coñecer os títulos e deixarse sorprender polas novas propostas lectoras. Unha nova oportunidade para seguir fomentando o gusto pola lectura e converter o centro nun espazo cheo de historias.   Animádevos a botarlle unha ollada!

TALLER DE MÁSCARAS

  Co gallo da chegada do Entroido , no noso centro estamos a levar a cabo un taller de máscaras durante os recreos , unha actividade creativa e divertida pensada para gozar destas datas tan especiais. Dende o centro convidamos a todo o alumnado a participar , a deixar voar a imaxinación e a elaborar as súas propias máscaras, compartindo momentos de convivencia e creatividade cos compañeiros e compañeiras. Unha maneira diferente e lúdica de vivir o Entroido no cole. Agardámosvos con moitas ganas e moita fantasía!