No noso centro celebramos o Día de Rosalía de Castro cunha actividade moi especial arredor do seu coñecido poema “Miña casiña, meu lar” e do tradicional Caldo de Gloria.
Na entrada do colexio preparamos unha pequena exposición cos ingredientes necesarios para facer o caldo, recreando así a receita que aparece na obra de Rosalía: patacas, fabas, grelos… Unha maneira moi visual e significativa de achegar ao alumnado á súa literatura e ao contexto da época.
A través desta proposta traballamos a nosa lingua, a nosa cultura e as nosas tradicións, convertendo a aprendizaxe nunha experiencia vivencial e próxima.