Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

Radio na biblio

Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo. O alumnado de 6EP recoméndanos A filla do ladrón de bicicletas , de Teresa González. Pica na imaxe e escoita o podcast.