Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2025

XORNADA DE FORMACIÓN

  Este sábado, a nosa coordinadora da biblioteca escolar participou nunha xornada de formación dedicada á mellora e innovación das bibliotecas dos centros educativos. Foi unha oportunidade para coñecer novas ferramentas, recursos e estratexias que permitirán seguir enriquecendo o noso espazo de lectura e aprendizaxe. Dende o colexio seguimos apostando por unha biblioteca viva, dinámica e aberta a toda a comunidade educativa. Grazas por seguir medrando connosco!

APERTURA BIBLIO

Este 5 de novembro volve a maxia dos libros: abrimos a biblioteca! Pasa, escolle e goza da lectura!

CLUB DE LECTURA

Este 4 de novembro iniciamos o club de lectura do alumnado : un espazo para ler, comentar e pasalo ben en equipo!