Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

EN MAIO CONTAN OS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS

Xa chegou outro ano máis o día das nosas letras, das que temos que estar moi orgullosos, porque o idioma é a identidade dun pobo. Este ano, o autor ao que se lle adica este día é Ricardo Carballo Calero , e os nosos nenos e nenas, fanlle a súa mellor homenaxe, contando en galego poemas e poesías. Gracias a todos e todas!!! E a nosa voluntaria de 5º A, Lara Cobas , gran colaboradora de Leotodiño, vai hoxe a contar o conto de Ricardo Carballo Calero "As pitas baixo a choiva" . Graciñas Lara! Por último, e non menos importante, temos a Marta, alumna de segundo de Primaria, que nos ofrece unha xenial explicación de porqué se celebran as letras. Bravo Marta!! Encantounos!!

EN MAIO AS LETRAS CONTAN, E TI, QUE CONTAS?

EN MAIO AS LETRAS CONTAN, E TI, QUE CONTAS? Este ano queremos celerar o Día das Letras Galegas coas cousas que vós nos queirades contar. Pode ser un conto, una canción, unha poesía, unha nova, un pensamento...pero terás que facelo na NOSA LINGUA . Grávao en vídeo e envíanolo a leotodinhoenfamilia@gmail.com e despois poderás velo publicado neste blogue. Anímate e participa!

Un conto do noso compañeiro Daniel para pequenos e maiores

 O noso compañeiro no CEIP O GRUPO durante moitos anos, Daniel, non descansa nin no confinamento para agasallarnos cos seus contos. Felices de que comparta con nós as súas historias e nos siga facendo disfrutar. Moitas grazas Daniel!. Preme no enlace que che levará ata o conto tradicional XAN CHIRUGUETE .  https://www.youtube.com/watch?v=JuJTlT0YNMc