Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2016

DÍA DA POESÍA

Durante o mes de marzo traballamos coa poesía. Empezamos celebrando o día da muller.  Os nenos e nenas escribiron a súa poesía adicada as mulleres das súas vidas e levaronna como agasallo en diferentes formatos.  A poesía escollida foi A muller traballadora, de Manuel María (Remol, 1967) Para o día 21 de marzo, día da poesía, seguimos traballando a súa obra. Escolléronse 4 poemas: ·          arco da vella ·           a dorna ·          o lobo ·           o río- o mar  da obra “Soños na gaiola”. Tamén se lles proporcionou o poema musicado , dous por Suso Vaamonde e os outros dous por Uxía e Magín. Estes puxéronse ao longo das escaleiras de ambos edificios e os versos que non colleron nos escalóns, acabáronse ou iniciáronse de distintos xeitos… Fai click na dorna para ver as fotos.

Canta o cuco