Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2026

LEGO-PORTADAS

O equipo de voluntariado , en colaboración co Club de Lectura , recreou as portadas de dous libros lidos tanto no club como nas aulas, utilizando pezas de LEGO . Esta actividade puxo de manifesto a súa gran creatividade e dedicación á hora de plasmar con detalle a esencia das portadas orixinais, transformándoas en sorprendentes composicións cheas de cor e imaxinación. Unha iniciativa moi especial que combina lectura, arte e traballo en equipo, facendo da experiencia lectora unha proposta aínda máis enriquecedora e divertida para toda a comunidade educativa.

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro dun xeito moi especial. Aínda que no noso centro traballamos a lectura e o amor polos libros cada día, esta xornada tivo un significado engadido. O noso mercadiño solidario cumpre 10 anos , unha década de compromiso, aprendizaxe e solidariedade compartida. Para celebralo, o alumnado saíu á rúa para visitar ás persoas voluntarias que, ano tras ano, fan posible esta iniciativa. Nun ambiente cheo de ilusión e compañeirismo, intercambiaron alimentos non perecedoiros por libros, demostrando que a lectura tamén pode ser unha ferramenta de axuda e transformación social. Seguimos crendo no poder dos libros para unir, ensinar e cambiar o mundo. Grazas a todas as persoas que forman parte deste camiño!

X MERCADO ESCOLAR SOLIDARIO

  O noso cole, xunto co CEIP Plurilingüe de Artes, organiza unha nova edición do Mercado Escolar Solidario , unha iniciativa que fomenta a solidariedade e o consumo responsable entre toda a comunidade educativa. Durante esta xornada, realizaremos un intercambio solidario no que poderás trocar alimentos non perecedoiros por libros. Unha oportunidade perfecta para colaborar cunha boa causa e, ao mesmo tempo, dar unha segunda vida aos libros. Animámoste a participar e a difundir esta actividade entre familias e amizades.

ENCONTRO COA AUTORA EVA MEJUTO

O alumnado de 4º curso tivo a oportunidade de participar nun encontro moi especial coa escritora Eva Mejuto , autora do libro Queco e Kika , obra que previamente leron e traballaron na aula. Durante a actividade, o alumnado puido coñecer de primeira man o proceso creativo da autora, así como facer preguntas, compartir impresións sobre a lectura e descubrir curiosidades sobre os personaxes e a historia. Foi un espazo enriquecedor no que a lectura cobrou vida, fomentando o gusto polos libros e o diálogo directo coa autora.

Elas tiran pola nosa escola

Dentro do proxecto do 8 de marzo , no noso centro quixemos render unha pequena pero significativa homenaxe ás mulleres que forman parte do noso día a día. Baixo o lema “Elas tiran pola nosa escola” , o alumnado realizou un fermoso traballo de agradecemento ás profes, recoñecendo o seu labor, esforzo e dedicación. A través da arte, os nenos e nenas debuxaron a cada unha delas, deixando ver non só o seu talento creativo, senón tamén o cariño e a admiración que senten. Foi unha actividade chea de emoción, na que saíu á luz o lado máis artístico do alumnado e na que se puxo en valor o papel fundamental das mulleres na educación e na nosa comunidade. Unha vez máis, demostramos que a escola é tamén un espazo para educar en igualdade, respecto e recoñecemento.

CONCURSO CARTEL MERCADO ESCOLAR SOLIDARIO