O noso cole, xunto co CEIP Plurilingüe de Artes, organiza unha nova edición do Mercado Escolar Solidario, unha iniciativa que fomenta a solidariedade e o consumo responsable entre toda a comunidade educativa.
Durante esta xornada, realizaremos un intercambio solidario no que poderás trocar alimentos non perecedoiros por libros. Unha oportunidade perfecta para colaborar cunha boa causa e, ao mesmo tempo, dar unha segunda vida aos libros.
Animámoste a participar e a difundir esta actividade entre familias e amizades.