O alumnado de 4º curso tivo a oportunidade de participar nun encontro moi especial coa escritora Eva Mejuto, autora do libro Queco e Kika, obra que previamente leron e traballaron na aula.
Durante a actividade, o alumnado puido coñecer de primeira man o proceso creativo da autora, así como facer preguntas, compartir impresións sobre a lectura e descubrir curiosidades sobre os personaxes e a historia. Foi un espazo enriquecedor no que a lectura cobrou vida, fomentando o gusto polos libros e o diálogo directo coa autora.