Hoxe celebramos o Día do Libro dun xeito moi especial. Aínda que no noso centro traballamos a lectura e o amor polos libros cada día, esta xornada tivo un significado engadido.
O noso mercadiño solidario cumpre 10 anos, unha década de compromiso, aprendizaxe e solidariedade compartida. Para celebralo, o alumnado saíu á rúa para visitar ás persoas voluntarias que, ano tras ano, fan posible esta iniciativa.
Nun ambiente cheo de ilusión e compañeirismo, intercambiaron alimentos non perecedoiros por libros, demostrando que a lectura tamén pode ser unha ferramenta de axuda e transformación social.
Seguimos crendo no poder dos libros para unir, ensinar e cambiar o mundo. Grazas a todas as persoas que forman parte deste camiño!