Este sábado, a nosa coordinadora da biblioteca escolar participou nunha xornada de formación dedicada á mellora e innovación das bibliotecas dos centros educativos. Foi unha oportunidade para coñecer novas ferramentas, recursos e estratexias que permitirán seguir enriquecendo o noso espazo de lectura e aprendizaxe.
Dende o colexio seguimos apostando por unha biblioteca viva, dinámica e aberta a toda a comunidade educativa. Grazas por seguir medrando connosco!
