A nosa biblioteca trae moi boas novas: volve a Maleta Viaxeira, cargada de novas historias, aventuras e lecturas para descubrir.
Nesta ocasión, os libros están expostos na entrada do colexio, para que todo o alumnado e as familias poidan achegarse, coñecer os títulos e deixarse sorprender polas novas propostas lectoras.
Unha nova oportunidade para seguir fomentando o gusto pola lectura e converter o centro nun espazo cheo de historias.
Animádevos a botarlle unha ollada!