Saltar ao contido principal

Recomendacións das boas

Menos mal, ho! Arrecó po COVIS este...deixádeo ir....

Xa abriron a biblioteca outra vez. Estouvos ben contento. Meses e meses de aburrimento, sen unha soa visita, bueno, as visitas das mestras, claro. Pero o que se di... alegres alegres non son, non; cando menos non tan alegres coma vós, nenas e nenos. 

Animádevos e visitádeme. Estarei encantado de recibirvos cun gorentoso anaco de queixo de Arzúa.

Pra ir quecendo, recoméndovos un libro de Xabier P. Docampo titulado A illa de todas as illas, da Edit. Xerais. É unha recomendación das boas para o alumnado de sexto curso. Cóntovos.

A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra dicindo que escoitaran voces e que viran xentes que lles falaban en todas as linguas do mundo e que vestían como os que veñen nos libros antigos. Xabier P. DoCampo quixo render tributo con esta historia a todos aqueles fermosos libros de aventuras cuxas historias sucedían nunha illa deserta ou aparentemente inhabitada, obras que mantiveron, como di no epílogo, «o meu corazón alterado, as miñas emocións abrollando coma fontes da alma e moitas horas entregadas á lectura cando llelas tiña prometidas ao sono ou ao estudo».

Quedo agardando por vós.

Leotodiño.

Publicacións populares deste blog

Lectura recomendada

Lectura recomendada: O MISTERIO DAS BADALADAS (9ª EDICIÓN) http://www.xerais.es/libro.php?id=2643652 http://www.xerais.es/…/proyectos_…/XG00180901_9999979831.pdf

RATA LINDA DE COMPOSTELA

OLA AMIGAS E AMIGOS! HOXE DÚAS COMPAÑEIRAS VOLUNTARIAS, ALBA SIEIRA E LARA COBAS, ACHÉGANNOS ESTE CONTIÑO QUE TRABALLAMOS COS NENOS E NENAS DE INFANTIL, RATA LINDA DE COMPOSTELA, PARA QUE DESFRUTEDES DEL PERO CONTADO POR ESTAS COMPAÑEIRAS DO NOSO COLE. MOITAS GRACIAS POR SEGUIR COLABORANDO COA BIBLIOTECA CHICAS!! MOITAS APERTAS DE PARTE DE LEOTODIÑO!!