Durante o mes de marzo traballamos coa poesía. Empezamos celebrando o día da muller. Os nenos e nenas escribiron a súa poesía adicada as mulleres das súas vidas e levaronna como agasallo en diferentes formatos. A poesía escollida foi A muller traballadora, de Manuel María (Remol, 1967) Para o día 21 de marzo, día da poesía, seguimos traballando a súa obra. Escolléronse 4 poemas: · arco da vella · a dorna · o lobo · o río- o mar da obra “Soños na gaiola”. Tamén se lles proporcionou o poema musicado , dous por Suso Vaamonde e os outros dous por Uxía e Magín. Estes puxéronse ao longo das escaleiras de ambos edificios e os versos que non colleron nos escalóns, acabáronse ou iniciáronse de distintos xeitos… Fai click na dorna para ver ...