Saltar ao contido principal

Publicacións

A auga, regueiro de vida: Os muiños de Amendo.

 Amigos de Leotodiño, aquí vos deixamos o vídeo da entrevista que fixeron os compañeiros e compañeiras do 3º ciclo, que están a traballar os muiños. Ollade atentos que vos vai a encantar: Preme no enlace para ver o video. https://drive.google.com/file/d/1yYb7iAf0_3GjgWseA8ImtlUupQAa1wSv/view?usp=sharing

Actividade semana do libro: "A carreira dos libros" e "Bicos por contos"

 Chegou a tan esperada Semana do Libro ao Ceip o Grupo. Este ano con dúas propostas que serán de seguro do agrado de grandes e pequenos. Por un lado, "A Carreira dos libros", que consiste en facer un intercambio de libros que nos gustaran moito para que teñan a oportunidade de chegar a novas mans, e por outro "Bicos por contos", no que se convidará a algún familiar que queira participar contando un conto á clase e ao que agasallaremos con moito amor. Esperamos que vos guste!! Apertas de ratiño!!

Lecturas recomendadas_mar 22

 Unha excelente escolla de lecturas para a rapazada de Educación Primaria. Botade un olliño á revista e escoitade tamén os podcasts. Gravaron rapazas e rapaces de EP6B. Premede no libro e avante.

Día de Rosalía de Castro. Traballo arredor dos pensamentos, a flor favorita de Rosalía, seguindo a proposta da AELG.

 

Vente, rapaza!

Cativas e cativos da aula de INF-B da profe Paula recitan "Vente, rapaza", un fragmento dun poema de Rosalía de Castro. Se picas na imaxe, escoitarás o RadioPoema.

Día de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro foi e segue a ser un referente, unha das mulleres máis representativas do noso país. Adiantada ao seu tempo, foi quen de publicar o primeiro libro escrito integramente en galego, Cantares Gallegos (1863). Arriscada, atrevida…MULLER. Rosalía forma parte inseparábel da historia da nosa lingua, da nosa cultura e do noso ser. Click na imaxe e escoita o podcast gravado por alumnado das mestras Loli I., Gena P. e Ramona B., de EP5B e de EP3AB co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro.

Lecturas recomendadas_feb 22

 Velaquí boas lecturas para a rapazada de Primaria. Click na imaxe e accede á revista. Cada libro ten a súa sinopse e se premes onde pon " podcast " escoitarás tamén a gravación realizada por nenos e nenas de cuarto. Radio na biblio e RAdioTOdiño; en galego, SEMPRE!