Saltar ao contido principal

Publicacións

Celebrando o día das Bibliotecas Escolares 2022

 O 24 de Outubro aproveitando o día das Bibliotecas Escolares, puxemos en marcha a biblioteca neste curso escolar facendo entrega ao alumnado dos pasaportes lectores e das maletas viaxeiras cun acto no pavillón do centro onde nos reunimos todo o alumnado e profesorado do centro.

RadioTodiño " Atrévete"

Os trabalinguas son parte da tradición oral galega e os nenos e nenas do Grupo queremos facervos partícipes dun pequeno traballo sobre eles. Atréveste a repetir con nós. Sete varas de pano pardo, madre, escasa capa lle fan a un frade. Isa esa escasa capa parda, frade. https://drive.google.com/.../1lStkKaaLjU7b0hXcxQz.../view...

Radionabiblio. A illa Balea

  Brandán e os seus compañeiros vagaron durante sete anos polo océano, atopando illas marabillosas, monstros mariños e a terra onde moran os condenados para acadar finalmente o paraíso dos benaventurados. Escoita o relato dos nenos e nenas de cuarto acerca de este abade irlandés. https://go.ivoox.com/rf/96497599

A auga, regueiro de vida: Os muiños de Amendo.

 Amigos de Leotodiño, aquí vos deixamos o vídeo da entrevista que fixeron os compañeiros e compañeiras do 3º ciclo, que están a traballar os muiños. Ollade atentos que vos vai a encantar: Preme no enlace para ver o video. https://drive.google.com/file/d/1yYb7iAf0_3GjgWseA8ImtlUupQAa1wSv/view?usp=sharing

Actividade semana do libro: "A carreira dos libros" e "Bicos por contos"

 Chegou a tan esperada Semana do Libro ao Ceip o Grupo. Este ano con dúas propostas que serán de seguro do agrado de grandes e pequenos. Por un lado, "A Carreira dos libros", que consiste en facer un intercambio de libros que nos gustaran moito para que teñan a oportunidade de chegar a novas mans, e por outro "Bicos por contos", no que se convidará a algún familiar que queira participar contando un conto á clase e ao que agasallaremos con moito amor. Esperamos que vos guste!! Apertas de ratiño!!

Lecturas recomendadas_mar 22

 Unha excelente escolla de lecturas para a rapazada de Educación Primaria. Botade un olliño á revista e escoitade tamén os podcasts. Gravaron rapazas e rapaces de EP6B. Premede no libro e avante.

Día de Rosalía de Castro. Traballo arredor dos pensamentos, a flor favorita de Rosalía, seguindo a proposta da AELG.