Saltar ao contido principal

Publicacións

"VI EDICIÓN MERCADIÑO SOLIDARIO"

 Como xa é de rigor no noso centro, este luns 19 de xuño vai ter lugar, na praza do Concello de Ribeira, a VI edición do noso Mercadiño Solidario.  En colaboración co CEIP Plurilingüe de Artes e o Concello de Ribeira, o obxectivo fundamental desta actividade é recaudar alimento co fin de doarllo a diversas entidades sen ánimo de lucro da nosa cidade.  Para participar, basta con traer un alimento non perecedeiro e trocarase polo libro que máis vos guste. O noso equipo de voluntariado prestará axuda en todo momento.  Anímate! 

" COAS MANS NA NASA"

 Todo chega ao seu fin.  Logo dun curso intenso de investigación, curiosidade e aprendizaxe co noso PDI "Coas mans na nasa" sobre o mundo mariño e a súa sostibilidade, toca poñer fin e mostrar todo e canto fixemos.  O 30 de maio fíxose a apertura  á gran exposición do producto final "COAS MANS NA NASA". Trátase dunha mostra do que se foi facendo ao longo de todo o curso repartida en tres seccións: unha batea chea de vida grazas aos traballos do alumnado que se atopa na entrada do edificio principal, unha sección  mariña  situada no  cuberto de infantil do edificio anexo onde ademáis de moitas outras maquetas e traballos tamén se pode ver un observatorio científic e unha última sección, na carpa multiusos onde podemos ver outros traballos realizados  no centro así como tamén se atopa unha mostra de fotografías antigas relacionadas co eido mariño que foron doadas polas familias do centro.  Velaquí vos deixamos un pequeno vídeo para que poidades...

SEMANA DO LIBRO

  No noso cole quixemos conmemorar a semana do libro dun xeito especial, por iso, enmarcados no noso PDI " Coas mans na nasa " levamos a cabo actividades tan chulas como as que podedes ver a continuación.  Premede no vídeo e mergulládevos connós! 

RadioTodiño: "A lavandeira de San Roque"

Un trasno, un ratiño, unha lavandeira ................. e uns nenos e nenas que disfrutan contando historias.

RadioTodiño "Amores de barra"

  O pasado 22 novembro celebramos o día da música e os nenos e nenas do cole pensaron que estaría ben coñecer un pouco de cerca a algún músico da zona, así que decidiron entrevistar a Marga e Rebe. Dúas mozas, unha guitarra.... que máis se precisa para pasar un ratiño de lecer e gozar da música. Escoita a entrevista e disfruta das súas voces en directo. Fai click no enlace e escoita a Manuel, Leire e Uxía, os reporteros de RadioTodiño Emisora, en galego ..... sempre https://drive.google.com/.../1KjUh1XMpADx1f5KPCUA.../view...

RadioTodiño "Noticieiro de Nadal"

  Chega o nadal e as reporteras de  RadioTodiño Emisora  queren contarnos as últimas novas. Escoitade o xornal de Nadal na nosa radio , en galego ... Sempre! https://drive.google.com/.../1JY5LHaQpxqc3T.../view...

RadioTodiño "Poemas frescos"

  Os cativos do Grupo escribimos poemas cos nosos nomes Fai clic no enlace para escoitarnos Poemas frescos