Saltar ao contido principal

Publicacións

Exposición final do proxecto. Faros, gardiáns da costa

 

Visita de Félix, presidente de Mar de Noia

 A semana pasada tivemos unha visita didáctica da man de Félix González, capitán de pesca e presidente da asociación Mar de Noia. Dou unha charla sobre especies mariñas dedicado a infantil, para que os nenos/as puidesen tocar un peixe globo,unha mandíbula de tiburón, ameixas, a espada do peixe espada... En quinto de primaria iniciou aos nenos e nenas na navegación. Agradecemos o súa visita desinteresada.

Recomendacións lectoras por ciclos para este verán

 

Algúns momentos do voluntariado de Biblioteca

 Temos o voluntariado máis riquiño da zona, tanto fan empréstitos na biblioteca na hora do recreo, como axudan a organizar o espazo creativo da biblioteca, ou gravan post para Radio Todiño:

Momentos de apadriñamento/amadriñamentos lectores

 Durante este curso seguimos realizando os apadriñamentos/ amadriñamentos lectores, en diferentes versións, pero sempre coa lectura presente.

VII Mercado Escolar solidario

 A chuvia non nos para cando se trata de axudar. Grazas á celebración do mercado escolar solidario e á xente que se animou a colaborar, recolléronse 500 kg de comida e 200 kg de conservas a beneficio de Cáritas e do Comedor Social (ICE Renovación), e sobre todo á inestimable axuda dos voluntarios de Biblioteca. Xuntos sempre é mellor. Ceip o Grupo, Ceip de Artes e Ceip Heroínas de Sálvora.

VII Mercado escolar Solidario

 Como todos os anos, imos a celebrar o noso tradicional Mercado Escolar Solidario, no que como sempre intercambiaremos un libro por un alimento. Este ano únense tamén o Ceip de Artes e o Ceip Heroínas de Sálvora. Estaremos o día 26 de abril no adro da Igrexa tentando que se una a maior xente posible para conseguir alimentos para doar a Cáritas e ao comedor social que leva ICE Renovación. Esperamos vervos a todos alí!