Xoel Ouviña, de terceiro, anímanos a ler Ás de mosca para Anxo, unha fermosa historia que escribiu Fina Casalderrey e que nos amosa a importancia de ter un gran corazón.
Polo día do medio ambiente quixemos utilizar o conto A landra viaxeira e o amigo Lambón no fermoso paraxe do parque Periurbano de San Roque. Para iso, desplazouse o colexio ao completo e disfrutar das cancións do conto xunto con Suso e Sabela. Unha mañá inesquecible.
Aproveitando o bo tempo, os padriños e madriñas lectores compartiron unha agradable xornada de lectura cos seus afillados no patio do centro. Durante a actividade, os maiores leron diferentes contos aos máis pequenos, creando momentos cheos de imaxinación, aprendizaxe e convivencia. Esta experiencia permitiu fortalecer os vínculos entre o alumnado de distintos cursos e fomentar o gusto pola lectura dun xeito lúdico e próximo. Os nenos e nenas gozaron moito desta sesión ao aire libre, escoitando historias, compartindo risas e descubrindo novos contos xuntos.