Dende a biblioteca organizouse para o alumnado de Infantil e do Primeiro Ciclo un divertido taller de luz negra. Entre lecturas, debuxos e xogos na escuridade, os nenos e nenas descubriron un mundo cheo de cores e sorpresas fluorescentes.
Leron, debuxaron e alucinaron a partes iguais nunha experiencia diferente, creativa e moi especial, na que a imaxinación brillou con luz propia.