Saltar ao contido principal

Publicacións

Exposición no Lustres Rivas: "Madeiras á deriva"

 Esta é a primeira saída que realizamos relacionada co proxecto que estamos traballando este ano na escola: "O noso patrimonio e a auga". A exposición do artista que visitamos consistía en observar a nova vida que se lle pode dar a esas madeiras ou a esos pelouros que nos entregan as mareas. Escoitamos bonitas historias das creacións e mesmo o puxemos en práctica nas aula. Aquí vos poñemos unhas fotiños da experiencia.

CONTOS NO SAMAÍN COA BRUXA PIRUXA

 ESTE CURSO A ANPA CONVIDOUNOS A DESFRUTAR DE CONTOS DE MEDO

Samaín, 21 - Radio na bilio, 22

Como pode dar medo un vampiro tan riquiño? Fai "click" no vampiro e verás que historia tan terrorificamente divertida estás a piques de escoitar.  Alumnado de EP3 das mestras Gena Patiño e Ramona Bello.

Samaín, 21 - Radio na bilio, 22

Queredes pasar un pouquiño de medo? Pois non escoitedes este podcast de 6º A da mestra Ana Prado. É só para os que queirades pasar medo de verdade! SE TE ATREVES, PICA NA CAVEIRA MOLONA.  

Recomendacións das boas

Menos mal, ho! Arrecó po COVIS este...deixádeo ir.... Xa abriron a biblioteca outra vez. Estouvos ben contento. Meses e meses de aburrimento, sen unha soa visita, bueno, as visitas das mestras, claro. Pero o que se di... alegres alegres non son, non; cando menos non tan alegres coma vós, nenas e nenos.  Animádevos e visitádeme. Estarei encantado de recibirvos cun gorentoso anaco de queixo de Arzúa . Pra ir quecendo, recoméndovos un libro de Xabier P. Docampo titulado A illa de todas as illas, da Edit. Xerais. É unha recomendación das boas para o alumnado de sexto curso. Cóntovos. A illa de todas as illas narra a aventura de tres rapaces, nunha illa deserta que non ten nome, pero a que todos chaman Navalleira. Puxéranlle ese nome os mariñeiros, porque nela había moitas navallas; pero agora, segundo lles conta o patrón do barco que os leva alí, só quedan brétemas mestas e espíritos. Algúns mariñeiros que chegaran á illa buscando navallas volveran a terra dicindo que escoitaran vo...

ALGUNHAS COUSIÑAS DO PROXECTO DESTE ANO

 OLA AMIGOS, ESTE ANO EN HOMENAXE A ISAAC DÍAZ PARDO FIXEMOS ALGUNHAS ACTIVIDADES MÁIS ADEMAIS DAS QUE VOS AMOSAMOS O DÍA DO LIBRO. ESTAS FORON: "CARTAS A BALBINO" E "RETRATOS DE BALBINO, O BALBINO DO SXXI" ESTA ÚLTIMA ACTIVIDADE, FOI INICIALMENTE PLANTEXADA COMO "RETRATOS DE BALBINO, ONTE E HOXE, COMO SERÍA O BALBINO DO SÉCULO XXI", E ASÍ O PLASMARON OS NOS@S PEQUEN@S. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.